|
www.frouma.com - Inicio
En xuño do ano 1992, un grupo de xoves gaiteiros do Concello de Oleiros comenza unha serie de reunións para debatir os pros e os contras de crear unha banda de gaitas, xa que perto da Coruña son prácticamente inexistentes este tipo de agrupacións. Fruto destas xuntanzas se inician os primeiros ensaios e en xullo do ano 1993 faise a primeira actuación na XIII Xuntanza Mariñana celebrada en Oleiros.
A partir do ano 1995 este grupo adquire personalidade xurídica, e o 26 de marzo apróbanse uns estatutos e o nome oficial Frouma. Dende esta data, Frouma ven ensaiando habitualmente no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz, coa pretensión de formar unha banda de gaitas de calidade na que se continúe a labor iniciada polos distintos grupos folclóricos da Comarca das Mariñas. Ata este momento pasaron por esta banda 70 persoas de diferentes lugares da comarca, como A Coruña, Sada, Betanzos, Culleredo, Cambre, Arteixo e o propio Concello de Oleiros, pertencentes a grupos como Cántigas da Terra, Santaia, Os Rueiriños, O Carcabeiro, Balbordo, etc.
O primeiro director foi Xerardo García García, gaiteiro de San Pedro de Nós que desenrolou unha importante labor de formación en diferentes grupos da Comarca das Mariñas e a quen se lle debe principalmente a formación deste grupo de gaitas. Na actualidade esta agrupación, está composta por 15 membros e o repertorio que interpretan consta de pezas tradicionais e de diversos autores.
Un dos obxectivos desta agrupación é promocionar o desenvolvemento da música de Galicia, para o que se realizan actividades como cursos de solfeo e actuacións en distintos lugares da comarca. Varias das súas interpretacións están recollidas nunha maqueta en formato CD gravada no Nadal de 1997.
Frouma.com ~
Site Info
Whois
Trace Route
RBL Check
Similar Sites:
frouma.org
|
|
Rio da Cruz - Casa Rural en Cariño, A Coruña
Antigua casa de labranza de 1800 que fue restaurada en el año 1998 para alojamiento rural, rodeada de extensos prados y frondosos bosques que conforman la falda de la Sierra de la Capelada (Cariño, Comarca de Ortegal, A Coruña), situada en el valle de Landoi cuenta con una finca privada rica en frutales, árboles ornamentales, un pequeño riachuelo que alimenta el bonito estanque del jardín, su propia huerta, merendero, parking privado, cuadras con animales de granja y un hórreo del norte restaurado. En definitiva un conjunto de 4.000 m² para ofrecer el mejor paisaje y el mayor descanso de sus huéspedes, en plena naturaleza.
Riodacruz.com ~
Site Info
Whois
Trace Route
RBL Check
|
|
|
|